viernes, 3 de octubre de 2008

LIMIAR


Hoxe comezamos unha nova experiencia, a redacción deste xornal persoal e 'ciberdixital'. Non faremos un 'querido diario', senón mais ben pequenas, variadas e intensas pinceladas das nosas vidas, das nosas inquietudes persoais e profesionais, daquelo que nos rodea.
Non queremos que sexa un espazo pechado, restrinxido a uns poucos, senón plural, aberto a todos: amigos, compañeiros, veciños ...
Queremos que sexa un foro de participación, debate e denuncia, onde todos poidamos expresar as nosas opinións, defendelas frente aos demais, criticar constructivamente as ideas dos outros, e facer públicas todas aquelas cuestións que consideremos relevantes. Sempre dentro do respeto aos demais, sen insultos, nin ofensas.
Todo terá cabida neste xornal, dun xeito ou doutro: a cultura, o arte, a ciencia; o medio ambiente, a reciclaxe, a conservación, a paisaxe; as viaxes, o turismo, os monumentos, os espectáculos; o deporte, o cine, a televisión, a radio; a amizade, o amor; a política, o emprego, a economía, o traballo, ...; e todo aquelo que queirades.
Grazas polo voso tempo e, ben vidos.